O Bar Choupal coróase campión do XXXV Torneo de Fútbol Sala San Xoán de Sarria

SarriaXa
O torneo, que se celebrou durante as festas patronais no pavillón do Chanto, reuniu aos mellores equipos e deixou un gran nivel competitivo
Torneo-Futbol-Sala-San-Xoan-Sarria-2025
24 Jun 2025

O XXXV Torneo de Fútbol Sala San Xoán de Sarria, celebrado esta fin de semana no pavillón José Mario González, coñecido como O Chanto, coincidindo coas festas patronais, deixou grandes momentos de emoción e un alto nivel competitivo.

O equipo Bar Choupal proclamouse campión do torneo tras unha gran actuación, levando un premio de 1.500 euros. A Lareira foi o subcampión, cunha recompensa de 700 euros, mentres que o terceiro e cuarto posto, cun premio de 250 euros cada un, foron para Taberna D Orixen e Rulo y 4 Más, respectivamente.

Tamén se concedeu un galardón especial ao Mellor Clasificado do Concello de Sarria, que foi para o Mesón do Loyo, premiado con 200 euros.

No apartado individual, Bryan (Bar Choupal) foi elixido Mellor Porteiro do torneo, e Valdir (tamén de Bar Choupal) recibiu o recoñecemento como Mellor Xogador. O Quinteto Ideal desta edición estivo formado por Álvaro (A Lareira), Cayuela (Taberna D Orixen), Kevin Mejuto (Taberna D Orixen), Paulo (Bar Choupal) e Saúl (A Lareira), reflectindo o alto nivel dos participantes nunha edición que quedará na memoria dos afeccionados.

⚙ Configurar cookies
0.15126585960388