O BNG continúa apostando por Bernardo Valdês como responsable comarcal de Lugo
O BNG celebrou a súa asemblea comarcal como dentro do proceso de renovación orgánica iniciada o pasado 1 de decembro coa celebración da XVIII asemblea nacional do BNG.
Así, decidiuse que formarán parte da executiva comarcal Bernardo Valdês (Cervantes), como responsable comarcal; Maite Ferreiro, vicerresponsable (Lugo); Efrén Castro (Sarria), Elvira Lombao (Outeiro de Rei), Xosé Manuel Becerra (Baralla), Iria Castro Fernández (Castroverde), Cosme Pombo Rodríguez (O Incio), Esther López Rodríguez (Lugo), Brais Vázquez Lamazares (Monterroso), Mª Jesús López López (Samos), Manuel López Louxedo (A Fonsagrada), Mª Dores López Cayón (Friol) e Adrián López Rancaño (Castro de Rei).
Así, estes representantes estarán reforzados no consello comarcal cunha amplia representación de compañeiros e compañeiras das localidades da comarca.
Bernardo Valdês agradeceu o traballo feito aos integrantes da anterior executiva e o consello comarcal e indicou “é unha honra ter o apoio das compañeiras e compañeiros para seguir a traballar para ampliar a base do BNG e en colaboración con todas as localidades da comarca facer que o BNG sexa visible e siga a estar en contacto coa veciñanza como fixemos ata agora”.
O traballo do BNG feito nestes últimos anos está a dar o seu froito, e engadiu “agardamos estar a altura do que a nosa militancia e simpatizantes agardan de nós”.