O BNG convoca unha concentración diante da Casa do Concello de Sarria

SarriaXa
Faino con motivo do peche do matadoiro anunciado polo alcalde, Claudio Garrido, e para demandar que non pase a mans privadas
matadoiro-Sarria
20 Out 2024

O Bloque Nacionalista Galego en Sarria convoca unha concentración o vindeiro martes, 22 de outubro, ás 20.00 horas diante do Concello de Sarria.

O motivo non é outro que esixir ao Goberno local que non peche o matadoiro, tal e como anunciou hai uns días o alcalde, Claudio Garrido.

Garrido ofreceu a xestión do servizo do matadoiro comarcal de Sarria a empresas ou asociacións interesadas en levalo antes a situación de inviabilidade que supón e dixo que o Concello non podía asumir a súa reapertura.

0.18444085121155