O BNG de Láncara solicitará explicacións tralo corte dunha árbore na Pobra de San Xiao

SarriaXa
El BNG de Láncara solicitará explicaciones por el corte de un árbol sano en el entorno de la antigua estación de tren de A Pobra de San Xiao.
20 Xan 2022

O concelleiro do Bloque Nacionalista Galego en Láncara, Iago Bande, demandará explicacións ao goberno municipal pola corta dunha árbore no conxunto da antiga estación do tren da Pobra de San Xiao, na cal están comezando as obras do proceso de humanización deste entorno.

O edil nacionalista subliñou que o entorno natural que posúe estas instalacións débese garantir o seu coidado e a necesidade de protexelo “a contorna natural da estación vella é parte do Patrimonio de todas as veciñas e veciños de Láncara, tiraron abaixo un exemplar que levaba moitos anos nesta vila e mantíñase san”

Neste sentido, Iago Bande destacou que hai alternativas para manter e garantir o bo estado das árbores “antes de practicar unha corta, podíase haber empregado outras técnicas para manter este exemplar, isto é a coherencia deste goberno municipal”

Segundo as informacións do goberno municipal, existía algunha queixa a título individual sobre a árbore cortada. O edil nacionalista puntualizou o proceder por parte da Alcaldía “non pode ser que porque haxa unha queixa a título persoal se actúe, a veciñanza constituída nas comunidades de propietarios da contorna é quen debe solicitar a actuación”.

0.18018293380737