O BNG de Lugo celebrou en Samos a Festa da Patria

SarriaXa
O acto de celebración desde 3 de xullo contou coas intervencións políticas de Néstor Rego, María Jesús López  e Ada Blanco.
PATRIA BNG FESTA SAMOS(1200_x_628_píxel)
4 Jul 2022

Contou coas intervencións políticas de Néstor Rego, María Jesús López  e Ada Blanco.

O Bloque Nacionalista Galego na Comarca de Lugo celebrou este domingo 3 de xullo, na localidade de Samos,  a súa tradicional Festa da Patria, onde máis de 100 militantes e simpatizantes da organización reuníronse nun xantar de irmandade. Ademais, contou con diversas actuacións de música tradicional.

Este acto lúdico e reivindicativo enmárcase dentro dos diversos actos previos á celebración do 25 de xullo, Día da Patria Galega, que desenvolve a fronte patriótica por todo o País.

O evento deu comezo coa parte política, na que tivo a palabra o deputado do BNG no Congreso dos Deputados, Néstor Rego, a concelleira do BNG en Samos, María Jesús López e pola mocidade do BNG, Galiza Nova, Ada Blanco.

Néstor Rego declarou “somos unha nación, orgullosas e orgullosos de ser un pobo traballador que ten moitísima historia tras de si, pero, sobre todo, que ten moitísimo futuro por gañar”

O deputado no Congreso subliñou tamén que “o BNG traballa para sumar cada día máis, cun único obxectivo: defender os intereses do País para mellorar a vida dos galegos e das galegas”

De igual xeito, Néstor Rego chamou a celebrar o 25 de xullo non só a toda a militancia da formación, senón a todas as persoas que queren que Galiza sexa “dona de seu e tome as súas propias decisións para afrontar o futuro”.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.19434785842896