O BNG de Paradela organiza este xoves unha charla sobre as implicacións do parque eólico

SarriaXa
O Bloque Nacionalista Galego organiza este xoves unha charla informativa sobre o parque eólico de Paradela e as súas implicacións
cartaz charla bng paradela eolicas portada
19 May 2022

O local da asociación cultural de Castro de Rei de Lemos en Mosteiro Vello acollerá este xoves 19 de maio a partires das 19.30 horas unha charla informativa á veciñanza sobre as implicacións e afeccións da construción do parque eólico Paradela organizada polo Bloque Nacionalista Galego en Paradela.

Este parque eólico afectará principalmente aos lugares de: Portocarreira, Abelleiroá, Bariz, Bacorelle, Casanova, Vilachá, Uceira Branca, Val do Couto, As Bustaregas, A Enxamea, San Martiño, Cereixido, Edrada, Zouro e Carballedo.

O actocontará coas intervencións da deputada do BNG no Parlamento galego, Carme Aira, a coordinadora de ADEGA en Lugo, Lucía Anido, o xurista e profesor da USC, Fernando A. de Abel e o xurista, Óscar Ínsua.

O BNG organiza estas palestras dentro da campaña Nin espolio, nin depredación. Enerxía eólica sustentábel, xusta e galega!, nas que se ofrece á veciñanza ferramentas para coñecer os posíbeis custos e desagravios que producen estas infraestruturas, como tamén, información sobre o sistema enerxético galego.

0.14973187446594