O BNG de Samos aposta por María Xesús López como candidata á Alcaldía

SarriaXa
O BNG de Samos aposta por María Xesús López como candidata á Alcaldía e presentarase ante a cidadanía o 15 de abril
Chus López, candidata do BNG á alcaldía de Samos
14 Abr 2023

María Xesús López é a candidata do Bloque Nacionalista Galego para a Alcaldía de Samos e o grupo político presentará a súa candidatura o vindeiro sábado, 15 de abril, ás 20.30 horas.

O restaurate Aira Padrón é o lugar elixido para este acto, no que a actual concelleira e portavoz municipal no Concello de Samos, presentarase nas seguintes eleccións de maio. No acto intervirán a candidata do BNG á alcaldía de Samos e a deputada por Lugo do BNG no Parlamento galego, Olalla Rodil.

María Xesús López declarou que convidan "a todas e a todos a que participen neste acto para que coñezan as persoas que imos na candidatura e coñeza de primeira man as propostas en positivo e de futuro para a veciñanza e deixar de lado as inquedanzas personalistas e sen rigor”.

Ademais, destacou que a candidatura que lidera vai a por todas e que "estamos covencidas de que en Samos ten moito que gañar, con confianza e ambición de conseguir un concello máis xusto e desenvolvido”, concluíu.

0.19118404388428