O BNG de Samos pide frear a expansión da rata toupa en Samos

SarriaXa
A rata toupa está afectando e danando unha explotación caprina de Samos que foi visitada pola deputada e portavoz de Desenvolvemento Rural no Parlamento galego do BNG, Carme Aira, xunto coa concelleira do BNG en Samos, María Jesús López e membros do BNG local.
19 Xan 2023

A rata toupa está afectando e danando unha explotación caprina de Samos que foi visitada pola deputada e portavoz de Desenvolvemento Rural no Parlamento galego do BNG, Carme Aira, xunto coa concelleira do BNG en Samos, María Jesús López e membros do BNG local.

Debido ao cambio climático, a rata toupa, que é un animal propio da montaña, está proliferando ata converterse nunha praga, como o califican desde o BNG. A montaña, din, é a gran prexudicada da expansión, xa que máis de 1.800 hectáreas, principalmente de pastizal, fican afectadas e tamén as explotacións padecen grandes perdas á hora de desenvolver a súa actividade.

A deputada Carme Aira declarou que "a rata toupa é un problema grave para as gandeiras e gandeiros da montaña, exténdese sen parar, por isto desde o BNG impulsamos esta batería de medidas para pór control e minguar os problemas que está ocasionar".

Por isto, o BNG trasladou ao Parlamento de Galicia unha batería de medidas para frear a expasión desta especie, nas que esixe á Xunta de Galiza aportar máis orzmento para o control, a intensificación de medidas técnicas, a renovación de pastizais ou aplicar liñas de axuda pola perda de forraxe, como tamén que o Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación declare como praga a expasión deste animal na montaña.

Neste senso, Carme Aira salientou que "se precisa a implicación política para levar a cabo o freo desta especie, por isto tanto a Xunta como o Ministerio teñen que aplicar medidas para frear esta praga".

0.17955994606018