O BNG de Sarria demanda o reforzo de pediatría no centro de saúde de Sarria

SarriaXa
O BNG demanda o reforzo de pediatría no centro de saúde de Sarria. Existen dúas prazas de pediatría que non teñen reposición
BNG Sarria efren e monica lopez
9 Xul 2022

O Bloque Nacionalista Galego en Sarria demanda á Xunta de Galicia que dote de persoal facultativo necesario no servizo de pediatría do centro de saúde e PAC da localidade.

O concelleiro do BNG en Sarria, Efrén Castro explicou “é un problema que vén debido a diversas causas laborais, mais a Xunta non está a repoñer os facultativos necesarios para dar un servizo digno en pediatría”

Neste sentido salientou a situación do servizo “neste momento pediatría atópase sen ningún persoal de referencia, xa que cada día é un facultativo distinto, facendo que moitas familias estean barallando a posibilidade de achegarse até os centros privados para contar cunha atención pediátrica”

Efrén Casto destacou que “é indecente cun concello de máis de 10.000 habitantes non teña este servizo público en condicións óptimas, supón unha vulneración nos dereitos das nenas e nenos a contar cunha sanidade pública”

Deste xeito, BNG impulsará iniciativas no Parlamento galego para que se cubra o servizo de pediatría de Sarria cos recursos e profesionais suficientes, e así, garantir o servizo.

0.18340110778809