O BNG de Sarria organiza un xantar de confraternización este sábado

SarriaXa
O xantar contará coa asistencia de Ana Pontón, portavoz nacional do BNG, que acompañará á organización local neste acto de carácter social e político
BNG-Sarria-infraestruturas
6 Feb 2026

O BNG de Sarria celebrará este sábado, 7 de febreiro, un xantar de confraternización no Restaurante Camping Vila de Sarria.

O encontro terá lugar ás 14.00 horas e servirá como un espazo de convivencia e encontro entre militantes, simpatizantes e persoas próximas á formación nacionalista.

O xantar contará coa asistencia de Ana Pontón, portavoz nacional do BNG, que acompañará á organización local neste acto de carácter social e político.

Desde o BNG de Sarria animan á participación neste xantar, concibido como unha xornada de encontro e confraternización.

⚙ Configurar cookies
0.073679208755493