O BNG de Sarria organiza unha charla sobre a enfermidade EHE no Hotel Alfonso IX

SarriaXa
Durante a iniciativa, que terá entrada gratuíta para todas as persoas interesadas, contarase con dous veterinarios
Hotel-Alfonso-IX-Sarria
20 Sep 2024

O Bloque Nacionalista Galego de Sarria organiza esta noite de venres, 20 de setembro, a partir das 21.00 horas, unha charla no Hotel Alfonso IX sobre a Enfermidade Hemorráxica Epizoótica (EHE).

Desta maneira, a veterinaria e deputada do parlamento polo BNG, Ariadna Fernandez, explicará en que consiste esta enfermidade, que afecta cada vez a máis bovinos da comarca de Sarria, causando importantes perdas económicas nas granxas afectadas.

Ademais, na charla tamén paraticipará o compañeiro do BNG de Sarria, David Neira, que ademais é veciño da comarca sarriá, gandeiro e tamén veterinario.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.15578603744507