O BNG de Sarria pedirá no pleno que se atenda ás casas dos mestres e ás feiras da vila
O BNG de Sarria levará dúas mocións ao pleno que se celebrará este xoves, 25 de abril; unha para pedir a mellor na seguridade no entorno escolar do Frei Luís de Granada e outra para pedirlle ao Concello a adquisición e rehabilitación dos coñecidos como “pendellos do polbo”.
Así, explican que a comunidade educativa leva tempo denunciando o estado de abandono das antigas casas dos mestres do Frei Luís de Granada, "e o perigo que está a xerar que este espazo estea aberto, pois estanse a producir moitos actos de vandalismo e incluso consumo de drogas no interior deste edificios, e as nenas e nenos do noso concello pode acceder a esta perigosa zona sen ningún esforzo".
Así, despois das protestas, a Xunta de Galicia instalou uns valos a modo de peche "ridículos", xa que explican "non impiden o acceso a dito recinto abandonado".
Por iso, o BNG defenderá no pleno reclamar a Xunta de Galicia que acometa un peche perimetral "seguro que evite accidentes co alumnado que pasa tódolos días por alí".
Pola súa parte, tamén atenden ás feiras de Sarria, que din "son un referente cultural e motor económico para o noso Concello, xa que atraen a moitos visitantes durante todo o ano, pero o declive dos mercados gandeiros auspiciado polos cambios de normativas afectou a tódalas feiras e tamén a nosa".
Así, defenden que "Sarria está a ser capaz de manter as tres feiras ao meus chamados polos postos para mercar e polo tradicional e atractivo turístico que é comer o polbo a feira. Algúns dos coñecidos como “pendellos do polbo” están en mans municipais e fixéronselle restauración por parte de diversos gobernos. Pero aínda hai algúns en mans privadas, e tristemente viamos nestes días como a un deles colapsáballe o teito, afectando gravemente a a imaxe que lle transmite a Sarria a xente que se achega a feira".
Por iso, dende o BNG piden que o Concello se faga coa totalidade dos “pendellos do polbo” e os arranxe para que o entorna da feira e "estea á altura que merecemos".