O BNG de Sarria pide un pleno extraordinario para que o alcalde dea explicacións sobre o matadoiro

SarriaXa
O BNG de Sarria, xunto cos demais grupos da oposición, rexistrou a petición dun pleno extraordinario para abordar as problemáticas destapadas con respecto ao
Matadoiro municipal de Sarria
4 Oct 2023

O BNG de Sarria, xunto cos demais grupos da oposición, rexistrou a petición dun pleno extraordinario para abordar as problemáticas destapadas con respecto ao funcionamento do matadoiro.

Ante a preocupación que percorre pola veciñanza de Sarria ante as informacións que van xurdindo sobre a falta de control no cobro de taxas pola utilización dos servizos do matadoiro municipal, os nacionalistas dicidiron poñer de acordo cos grupos da oposición e solicitar un pleno extraordinario e monográfico sobre o matadoiro "para que o alcalde e o goberno municipal dean explicacións e información de forma pública do que está a acontecer no matadoiro e ata onde ascende o furado no erario público", explican.

Efrén Castro, voceiro do BNG de Sarria, declarou que “esta solicitude de pleno extraordinario responde o clamor popular que demanda saber de maneira clara que é o que estaba a pasar cun servizo tan importante e tamén cos cartos públicos, xa que a situación destapada de falta de xestión do matadoiro dános a razón ao BNG, que cando o alcalde falaba de peche ou cambio de xestión do matadoiro por falta de de rendibilidade, nós xa dixemos que o que facía falta era xestionar ben os servizos públicos e non pechalos ou privatizalos", sostén.

Así, argumentan desde o BNG que farán todo o "que estea na súa man para que o matadoiro nin se peche nin se privatice".


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.065741062164307