O BNG de Sarria presentará unha moción en favor da recuperación do CIM ao pleno

SarriaXa
O BNG de Sarria vai levar ao pleno do Concello de Sarria deste xoves unha moción para que a os cidadáns da vila poidan volver a contar cun Centro de Información á Muller que dea servizo ao 100%.
BNG Sarria
28 Sep 2023

O BNG de Sarria vai levar ao pleno do Concello de Sarria deste xoves unha moción para que a os cidadáns da vila poidan volver a contar cun Centro de Información á Muller que dea servizo ao 100%.

“A situación que está a sufrir o centro de atención as mulleres de Sarria nos últimos meses resulta moi preocupante, xa que leva todo ese tempo sen dirección e coa reubicación física de algunha das traballadoras”, explica Efrén Castro, portavoz nacionalista en Sarria.

Isto, explica, “fai que un servizo que xa estaba desbordado, xa que tiña que atender a mulleres de toda a comarca con medios moi limitados, na actualidade está pouco menos que inoperante”.

O BNG xa denunciou esta situación hai tempo, pero “segue estancado e sen que se teña proposto ningunha solución para volver a dar unha servizo tan importante”, sosteñen.

Ademais, denuncian que as mulleres da comarca de Sarria non poden estar desatendidas “por mor dunha discusión entre a administración local e a Xunta de Galicia”, por iso presentan  nha moción para esixir ao concello que volva pór en marcha este servizo e que a Xunta de Galicia solucione a discusión e financie con máis fondos os CIM s galegos.

“Para nós, nun momento no que o empuxe do feminismo é imparable, é inadmisible que Sarria careza dunha das vías de apoio para as mulleres que sofren a violencia de xénero”, sentenciaron.

0.068403959274292