O BNG de Sarria propón os pasos de peóns elevados para reducir os atropelos e mellorar os accesos

SarriaXa
O BNG de Sarria votou a favor da moción presentada polo Partido Popular con respecto á eliminación das barreiras arquitectónicas de Sarria, pero sosteñen que “hai que ir máis alá” e promover un urbanismo moderno como o que teñen outras vilas.
BNG Sarria
13 Sep 2023

Así, o portavoz nacionalista, Efrén Castro, explica que mediante os pasos de peóns elevados poderíanse paliar dúas problemáticas que se producen diariamente en Sarria: os atropelos e as barreiras arquitectónicas.

Por unha parte, di que mediante os pasos de peóns elevados redúcese a velocidade á que circulan os vehículos e, polo tanto, diminúen tamén os atropelos. Pola outra, eses pasos elevados estarán á mesma altura que as beirarrúas, polo que tamén facilitan o acceso para persoas con diversidade funcional.

“Hai que ser ambiciosos e desenvolver un plan de urbanismo que vaia cara a modernidade que xa funciona noutras cidades e vilas”, sostivo Castro.

0.10464191436768