O BNG de Sarria propón unha hora sen ruído nas Festas de San Xoán para as persoas ás que lles ocasione malestar

SarriaXa
O BNG de Sarria propón unha hora sen ruído nas Festas de San Xoán para as persoas ás que lles ocasione malestar
Efrén Castro
21 Xuño 2023

O BNG de Sarria acordou iniciar varias iniciativas para camiñar cara a un concello máis inclusivo despois de reunirse con familias con membros con necesidades especiais.

A primeira delas é a de solicitarlle ao concello unha medida "sinxela que pode facer que moitos nenas e nenos, e incluso adultos, poidan desfrutar das festas patronais do San Xoán, explican.

Así, a petición consiste en propoñer unha hora sen ruído nas Festas de San Xoán en todas as atraccións do recinto feiral dende as 18.00 horas ata as 19.00 horas, co obxectivo de facer unha celebración sen barreiras para as nenas e nenos con trastorno do espectro autista, alteracións neurosensoriais e diversidade funcional, ou mesmo para calquera persoa que lle ocasione malestar os ruídos intensos ou estridentes.

Desta maneira, o partido nacionalista propón seguir iniciativas similares noutros concellos da provincia e iniciar, deste xeito, "o camiño para converter o noso municipio nunha localidade plenamente inclusiva", argumentan.

0.17256498336792