O BNG manterá un encontro sobre a enerxía no Incio
O BNG organiza un acto público sobre a situación de Galicia como produtora eléctrica e as repercusións ás consumidoras e consumidores
O encontro terá lugar hoxe, venres 22 de abril no multiusos do mercado. Será ás 16.00 horas.
Contará coas intervencións da deputada Carme Aira, deputada no Parlamento galego, do consultor enerxético Xosé Manuel Golpe e de Xosé Moscoso, integrante do BNG no Incio.
O BNG defende unha soberanía enerxética sobre a base de que Galicia é excedentaria en enerxía, cando a comunidade sempre foi eminentemente transformadora de electricidade. O grupo promove o control social e público do sector para garantir que sexa un ben básico e non unha mercadoría de especulación. “A suba da luz é unha estafa. O espolio da nosa enerxía saénos moi caro” afirman.