O BNG ofrece un acto público para o sector gandeiro vacún do leite e da carne

SarriaXa
El BNG ofrece un acto público para presentar sus propuestas sobre el sector ganadero vacuno de carne y leche en Sarria.
Acto propostas gandeiro vacun leite e carne Sarria
8 Abr 2022

O Bloque Nacionalista Galego en Sarria organiza un acto público para amosar as súas propostas para o sector gandeiro vacún de leite e da carne, perante o encarecemento das materias primas e a falta de prezos xustos na produción gandeira.

Contará coa participación do deputado no Parlamento galego, Xosé Luis Rivas “Mini”, o gandeiro e coordinador de sectores gandeiros da Federación Rural Galega (FRUGA), Elías Somoza, e o concelleiro e portavoz municipal do BNG en Sarria, Efrén Castro.

Celebrarase este venres, 08 de abril, ás 12 horas na Casa da Cultura de Sarria.

“Organizamos este acto para que o sector gandeiro do leite e da carne coñeza as propostas e medidas do BNG ante os baixos prezos en orixe e o aumento dos custos de produción por mor da brutal suba de prezos” explicou o concelleiro Efrén Castro.

Neste senso, o concelleiro de Sarria animou a participar neste acto “ante a pasividade do Goberno da Xunta e do Estado en aplicar medidas, no BNG temos alternativas para frear esta situación insostíbel e amosarémolas neste acto; convidamos a participar ás persoas do sector para que coñezan as nosas propostas”

0.18302893638611