O BNG pide que se aumenten os horarios da piscina municipal de Sarria

SarriaXa
Explican que nos últimos días lles chegaron queixas de diferentes usuarios debido á "masificación que está a sufrir a piscina municipal"
piscina-sarria
25 Out 2024

O BNG de Sarria presenta unha moción para o próximo pleno onde pide ao Goberno municipal que aumente os horarios de apertura da piscina climatizada de Sarria.

Así, explican que nos últimos días lles chegaron queixas de diferentes usuarios debido á "masificación que está a sufrir a piscina municipal e que lles está a dificultar a normal práctica na natación, como viñan facendo ata agora".

Este aumento de usuarios débese en boa parte ao peche temporal da piscina climatizada de Monforte, e aínda que o grupo municipal do BNG non ten dados oficias, algunhas fontes, din, sitúan o crecemento en máis de 300 usuarios, "o que claramente fai que sexa necesario un aumento de horarios para que todos poidan desfrutar desta instalación en optimas condicións".

Efrén Castro, portavoz municipal do BNG, declarou que “agardamos que o goberno municipal teña a suficiente cintura como para adaptar a instalación a unha situación puntual que se esta a producir polas obras na piscina de Monforte", e rematou dicindo que “esperamos se aumente o horario de apertura cando menos mentres dure o peche da de Monforte para que todxs poidamos desfrutar desta instalación con normalidade".

0.1730260848999