O BNG pídelle á Xunta que garanta persoal para a atención do alumnado con necesidades especiais

LugoXa | TerraChaXa | SarriaXa | AMariñaXa | RibeiraSacraXa
Desde a organización nacionalista reclaman tamén a adecuación dos horarios de transporte para que o alumnado de bacharelato que ten que desprazarse a Lugo
bng_reunión_anpas
7 Jul 2024

O BNG pídelle á Xunta de Galicia que garanta persoal nos centros educativos para a atención do alumnado con necesidades educativas especiais. Desde a organización nacionalista reclaman tamén a adecuación dos horarios de transporte para que o alumnado de bacharelato que ten que desprazarse a Lugo poida chegar a tempo aos centros xa que, na actualidade, os horarios de autobús que unen concellos como o de Baralla, O Corgo e Castroverde non se adaptan ao horario dos centros o que prexudica ás rapazas e rapaces.

Coincidindo co remate do curso escolar 2023/2024, desde o BNG mantiveron reunións con representantes da comunidade educativa lucense, tanto das familias (FAPACEL) como do profesorado (CIG-Ensino). Nestes encontros, tanto as nais e pais de alumnado como representantes sindicais do profesorado, trasladaron ao BNG a súa preocupación pola falta de persoal especializado na atención do estudantado con Necesidades Educativas Especiais (NEES), tanto AL e PT como profesorado preferente para atender alumnado con autismo.

Desde o Bloque Nacionalista Galego reclaman á Xunta que dote os centros do persoal necesario para garantir a atención especializada que precisa o alumnado con NEES. “Non podemos falar de inclusión se os centros educativos carecen do persoal e dos recursos necesarios para garantir un ensino accesible a todo o estudantado”, sinalou a deputada Olalla Rodil.

Así mesmo, familias de concellos do rural tamén trasladaron ao BNG a necesidade de adaptar os horarios do transporte ordinario aos dos institutos da cidade de Lugo, toda vez que estudantado procedente de concellos como Baralla, O Corgo ou Castroverde que se ve obrigado a desprazarse até a capital para continuar coa súa formación, non pode facelo usando a liña de autobús regular ao non coincidir co horario de inicio e finalización das aulas.

Desde o BNG piden á Xunta de Galiza que adapte os horarios do transporte ás necesidades deste alumnado pois “cunha diferencia de apenas 10 ou 15 minutos no horario actual, podería dar servizo ás necesidades educativas deste alumnado”. “Non se pode encher a boca falando do rural e logo non garantir nin sequera a posibilidade de ter un autobús co que continuar os teus estudos”, sinalou Rodil.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.15045690536499