O BNG reclama que se convoquen plenos en Samos

SarriaXa
A alcaldía suspendeu a sesión prevista para este viernes pola falta das condicións de seguridade ante a covid-19 do salón de plenos
4 Feb 2021

O BNG de Samos reclama ao Concello a convocatoria de plenos ordinarios, despois de recibir un decreto da alcaldía polo cal se suspende a sesión ordinaria que se prevía celebrar este venres alegando que o salón de plenos non reúne as condicións de seguridade para a prevención da covid-19 e que non hai asuntos urxentes.

Os nacionalistas entenden que os plenos son "o medio para o control ao goberno e o órgano no que están representados todos os veciños" e por iso propoñen que sexa habilitado outro lugar para a celebración do pleno, ou mesmo que se faga de xeito telemático. Neste senso, lembran que a Deputación ofrece medios técnicos aos Concellos e alegan que o Concello de Samos "tivo un ano para adaptarse á nova situación".

Consideran ademais que si que hai asuntos que deben ser abordados de xeito urxente pola corporación, como é definir as obras que se incluirán no plan único, xa que o día 12 remata o plazo.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.05625319480896