O BNG recolleu sinaturas en Sarria contra a suba do prezo da luz

SarriaXa
O BNG de Sarria colocou na tarde de onte no paseo do Malecón unha mesa informativa e de recollida de sinaturas sobre a tarifa eléctrica.
bng sarria recollida firmas
2 Out 2021

O BNG de Sarria colocou na tarde de onte no paseo do Malecón unha mesa informativa e de recollida de sinaturas sobre a tarifa eléctrica, continuando coa campaña que a formación nacionalista está a desenvolver en toda Galiza contra a suba do prezo da luz.

O BNG defende a posta en marcha dunha tarifa eléctrica galega, ademais dun IVE super-reducido do 4% así como a supresión do imposto especial de electricidade. O voceiro do BNG en Sarria, Efrén Castro, explicou que “a luz é un servizo básico, non un artigo de luxo, ademais, as galegas e galegos estamos a pagar a luz máis cara do estado, sendo produtores de enerxía que se consume fóra de Galiza”.

O BNG continúa a "traballar para que a riqueza eléctrica repercuta en beneficio das familias, da clase traballadora e das empresas para crear emprego, de aí esta campaña de denuncia e mobilización social". Unha tarifa eléctrica galega, a creación dunha empresa pública de enerxía que asuma as concesións hidroeléctricas a medida que vaian caducando ou que a instalación de novos parques eólicos se vincule a proxectos industriais que xeren emprego son algunhas das propostas do BNG para poñer freo á suba do recibo da luz.

0.17537188529968