O Buril ACDE organiza esta fin de semana un novo evento musical

SarriaXa
Desta maneira, o sábado 28 a partir das 22.00 horas, encontraranse no local sarriao tres grupos de música
O-Buril
28 sep 2024

O Buril ACDE organiza esta fin de semana un novo evento musical para todas as persoas que queiran desfrutar da música rock e metal na localidade sarriá.

Desta maneira, o sábado 28 a partir das 22.00 horas, encontraranse no local do Buril o grupo bilbaíno Empre of Disease, a banda Hour Glass, e o grupo lucense Untides, de dissonant metal Hxc.

As persoas que queiran achegarse e formar parte deste evento poderán facelo pagando unha entrada de 10 euros na porta do local.

0.16306805610657