O Buril acolle unha master class de guitarra con Pablo Mendoza

SarriaXa
A cita será o 4 de outubro e está aberta a guitarristas de todos os niveis que queiran perfeccionar a súa técnica
Pablo-Mendoza-guitarra-Sarria
27 Sep 2025

A Sala Buril de Sarria organizará o vindeiro 4 de outubro unha master class de guitarra dirixida polo profesor e músico profesional Pablo Mendoza.

A actividade dará comezo ás 20.45 horas e está pensada para persoas de todos os niveis, desde quen comeza a dar os primeiros pasos ata intérpretes con experiencia que desexen levar a súa música a un nivel superior.

Mendoza, con ampla traxectoria e recoñecemento internacional, compartiu escenario con grandes figuras do panorama musical como Joe Satriani, o que garante unha sesión práctica e inspiradora para todos os participantes.

⚙ Configurar cookies
0.093149900436401