O Buril de Sarria acolle o Festival Indíxena
SarriaXa
Durante o evento, contarase con Maskarpone, Baixo Zero, Javi Metals, Dous Bos, Beach Avenue e Cadela Asasina, que amenizarán o festival
22 Nov 2024
A ACDE O Buril organiza o Festival Indíxena coa colaboración do Concello de Sarria, que se celebrará este sábado, 23 de novembro, no local do Buril de Sarria.
Desta maneira, a partir das 20.00 horas, as persoas interesadas en participar poderán achegarse ao local, onde terán que pagar unha entrada de 15 euros, aínda que se queren poden comprar a entrada anticipada por 12 euros no Café Bar Cubano ou na Panadería Regueiro.
Durante o evento, contarase con Maskarpone, Baixo Zero, Javi Metals, Dous Bos, Beach Avenue e Cadela Asasina, que amenizarán o festival.