O Buril organiza unha nova xornada de música este venres 13

SarriaXa
Será a partir das 22.00 horas cando abrirán as portas do local para acoller a todos os amantes da música en Sarria
O-Buril
9 sep 2024

O Buril ACDE de Sarria organiza un novo concerto, que terá lugar este venres 13 de setembro a partir das 22.00 horas, cando se abrirán as portas do local.

Así, todas as persoas interesadas en desfrutar dunha noite chea de música rock poderán facelo pagando unha entrada previa de 10 euros ou ao chegar ao local cun valor de 12 euros.

As bandas que tocarán nesta nova sesión de música serán Nuevecondiez ‘el futuro era un disparo’ e The Foolans, que encherán o Buril dun ambiente festivo.

0.044835090637207