O Buril organiza varios concertos para o mes de marzo, abril e maio

SarriaXa
O Buril organiza varios concertos de rock para o mes de marzo e abril que contarán con grupos musicais diversos
O Buril
6 Mar 2023

A Asociación Cultural, Deportiva e Ecolóxica O Buril de Sarria presenta diversas actividades de rock para este mes de marzo e principios de abril.

A primeira, terá lugar o sábado 18 de marzo tamén a partir das 23.00 horas e no seu local, no que tocará o grupo Hard Trip e cun custo de 6 euros.

O 1 de abril terá lugar un evento musical máis denso, no que a partir das 21.00 horas os asistentes, que terán que pagar unha entrada de 6 euros, poderán ver en directo os grupos de música Barbarian Prophecies, Incordian e Untides.

Por último, a actuación en directo do grupo Musel que ía ter lugar o sábado 11 de abril, celebrarase no local o vindeiro 26 de maio a partir das 23.00 horas e cun custo de 5 euros por entrada.

0.16040301322937