O Camiño Real, Láncara e os seus produtos promoveron o Concello en Fitur

SarriaXa
Láncara, el Camino Real y los productos autóctonos del municipio promovieron el turismo rural del ayuntamiento en Fitur.
lancara fitur
23 Xan 2022

O Concello de Láncara estivo presente na edición 2022 de Fitur, unha das feiras turísticas máis importantes do mundo, onde promoveu os seus produtos, o seu patrimonio natural e paisaxístico, así como o Camiño Real.

“Para nós é moi importante estar aquí, cada ano son máis as entidades e persoas interesadas en Fitur polos produtos e os atractivos paisaxísticos e patrimoniais que ofrece Láncara”, asegura o alcalde, Darío Piñeiro, que estivo na feira representando ao concello, acompañado por Pablo Rivera.

“Os destinos de natureza son cada vez máis demandados, e moito máis desde o comezo da pandemia, polo que Láncara ten moito que ofrecer e cada vez recibe máis visitantes”, engade Darío Piñeiro, que puxo tamén en valor en Fitur o Camiño Real e a calidade dos nosos produtos, especialmente da Tenreira Galega.

FITUR
Fitur é un evento que se celebra anualmente en Ifema, na cidade de Madrid. Ten lugar durante cinco días nos meses de xaneiro e febreiro.

É o punto de encontro global para os profesionais do turismo e a feira líder para os mercados receptivos e emisores de Iberoamérica.

0.13059997558594