O campamento de verán 'Bo Camiño' de Paradela acolleu unha excursión pola ruta do río Loio
SarriaXa
O campamento de verán 'Bo Camiño' de Paradela acolleu unha excursión pola ruta do río Loio do municipio paradelés
11 Xul 2023
Os nenos e nenas que están a participar do campamento de verán de Paradela 'Bo Camiño' desfrutaron dunha ruta polo río Loio do municipio este luns, 10 de xullo.
Con esta actividade, os organizadores e educadores deste campamento de verán para os máis pequenos teñen como obxectivo fomentar o coñecemento do Concello e desfrutar de forma saudable dunha das contornas máis fermosas que ofrece o municipio.
Ademais desta excursión, son moitas as actividades organizadas para os nenos de entre 3 e 12 anos que participan no campamento, como actividades deportivas no polideportivo do colexio San Miguel de Paradela e tamén saídas á piscina.