O campo da feira da Pobra de San Xiao será mellorado polo Concello de Láncara
O Concello de Láncara mellorará o pavimento das rúas da zona do campo da feira da Pobra de San Xiao co diñeiro do Plan Único da Deputación Provincial de Lugo.
Así, dos 297.420 euros que lle corresponde ao concello lancarés deste plan provincial, dedicará 60.000 euros ao pavimento de rúas do barrio de Poidiña e do campo da feira, e investirá 95.217 euros en pistas do rural, como na parroquia de Bande.
Con respecto ás vías en Hervilar e A Se, na parroquia da Lama, o Concello investirá 46.997 euros, mentres que 50.910 euros serán para obras en camiños entre Toubille e Lama de Souto.
O Plan Único da Deputación de Lugo tamén contempla unha partida para a contratación de persoal, ao que dedica 48.881 euros e outros 20.864 euros para o Servizo de Axuda non Fogar (SAF).
Por outra parte, tamén se mellorará a rúa Benigno Quiroga da Pobra de San Xiao cun orzamento de 180.000 euros e que financia a Deputación.