O Campo da Feira do Páramo será mellorado grazas a unha inversión da Deputación de Lugo

SarriaXa
La Diputación de Lugo colabora con 275.000 euros para el acondicionamiento del campo de la feria de O Páramo.
concello do paramo
19 Mar 2022

O Páramo contará con 275.000 euros que destinará á mellora da contorna do Campo da Feira. Estes traballos supoñen a humanización do espazo, construción de beirarrúas e renovación dos servizos de abastecemento e saneamento da auga.

Estas actuacións axudarán a mellorar este espazo que concentra a maior parte dos servizos da vila, ademais, estase a acondicionar un lugar de reunión e festexo que se emprega para os grandes eventos do Páramo. Este lugar conta con gran afluencia xa que nas súas inmediacións e contorna atópase a carballeira do campo da feira, o consistorio, o centro social, o ambulatorio ou o colexio, polo que o seu acondicionamento supón unha mellora na calidade dos servizos e dos accesos aos mesmos para os veciños.

A empresa adxudicataria das obras foi Hermanos Blanco Trigo que ten sede en Outeiro de Rei. Os labores que comezaron fai uns días afectan a máis dun quilómetro dende a Ciguñeira ata a Casa de Aquilino. Estas actuacións supoñen a construción das primeiras beirarrúas do municipio, colaborando así na mellora da imaxe desta zona, ademais de aportar maior seguridade aos viandantes.

Entre os traballos que se levarán a cabo atópase a habilitación dunha explanada para estacionamento de vehículos e colocación de contedores, melloras no acceso ao centro de saúde, pavimentación e asfaltado da calzada, pintado de pasos de peóns, instalación de luminarias. Tamén haberá melloras nos servizos de abastecemento e saneamento da auga.

0.10377788543701