O Campo da Festa de Samos acollerá a festa de Fin de Ano para os nenos e nenas do municipio

SarriaXa
O novo apalpador, Brais Moure, fillo de Anxo Moure, estará no Campo da Festa de Samos a partir das 18.30 horas do día 27
Castelao-obra-culturactiva
23 Dec 2024

O Campo da Festa de Samos será escenario da obra teatral 'Castelao', unha produción de Culturactiva Producións en colaboración coa Vicepresidencia da Deputación, área de Cultura.

Este espectáculo, apto para todos os públicos, terá lugar o vindeiro venres, 27 de decembro, ás 17.30 horas, e promete ser unha experiencia cultural enriquecedora, ideal para gozar en familia ou con amigos.

A obra traslada ao público á infancia de Castelao, presentándoo como un neno de 8 anos na súa aldea natal. Un personaxe alegre, divertido e cheo de aventuras que busca conectar emocionalmente cos espectadores e espertar a súa identificación co protagonista.

Despois do teatro, a ANPA organiza, coa colaboración da Deputación de Lugo e o Concello de Samos unha merenda para os nenos a partir das 18.30 horas con monitores e pintacaras. Ademais, vai vir o novo apalpador, Brais Moure, fillo de Anxo Moure; e logo haberá cotillóns e badaladas.

 

0.15857481956482