O campo municipal da Ribela de Sarria acollerá o derbi de fútbol entre a SD Sarriana e a SD O Páramo

SarriaXa
Esta tarde, a partir das 16.
Derbi Sarriana O Páramo
9 Dec 2023

Esta tarde, a partir das 16.00 horas, terá lugar o enfrontamento do fútbol campo entre o Sénior B da SD Sarriana e a SD O Páramo, o derbi da comarca, na que ámbolos dous equipos poñerán todo o seu para gañar.

Así, nesta competición de 3ª de Galicia, a SD Sarriana defende que vai ser "un partidazo" no que esperan moita afluencia de afeccionados no "noso campo, que estarán apoiando ao seu equipo".

Ademais, sosteñen que este será "un partico difícil e competido por ámbolos dous equipos, xa que é o primeiro partido da segunda volta". Tamén están esperanzados: "A pesar de contar con baixas importantes, imos facer fronte a un equipo que está loitando polo ascenso. A expectativa do equipo é gañar".

Pola súa banda, desde a SD O Páramo, din que tras "o empate conseguido fronte ao líder en Rubián, agora si que necesitamos eses tres puntos claves para seguir nos primeiros postos da competición", polo que esperan contar tamén coa súa afección.

0.060439109802246