O campo municipal da Ribela de Sarria acollerá unha recollida de xoguetes solidaria

SarriaXa
O equipo de fútbol sarriao, o SD Sarriana, xunto coa Cruz Vermella de Sarria, organiza unha recollida de xoguetes solidaria no campo municipal da Ribela este domingo.
iluminacion campo ribela sarria
2 Dec 2023

O equipo de fútbol sarriao, o SD Sarriana, xunto coa Cruz Vermella de Sarria, organiza unha recollida de xoguetes solidaria no campo municipal da Ribela este domingo.

As persoas interesadas en participar desta iniciativa en favor dos máis necesitados, poderán achegarse ao lugar entre as 16.30 e as 19.00 horas.

Así, todas as familias e nenos e nenas da vila poderán contribuír co seu xoguete novo a darlle unha oportunidade a algún outro neno que non posúa un xoguete. Non se poderán entregar xoguetes vellos, bélicos ou sexistas.

Recollida xoguetes solidaria Sd Sarriana
0.14396095275879