O campus de fútbol do O Incio C.F. celebra a súa segunda edición cun éxito rotundo

SarriaXa
A actividade, organizada coa colaboración do Concello, pechouse no Carboeiro cunha alta participación e boa acollida
campus-fútbol-O-Incio-CF
12 Aug 2025

A segunda edición do campus de fútbol organizado polo O Incio C.F., coa colaboración do Goberno local, concluíu o pasado venres cun éxito destacado de participación.

O evento tivo lugar no Carboeiro e volveu consolidarse como unha cita deportiva importante para a comarca, fomentando a práctica do deporte entre a mocidade.

A clausura contou coa presenza do alcalde do Incio, Héctor Corujo, que puxo en valor o esforzo do club e o impacto positivo do campus na comunidade.

⚙ Configurar cookies
0.15064096450806