O cantante Dani Pardo actuará durante as grandes festas de Moscán, no Páramo
SarriaXa
As grandes festas da parroquia paramense celebraranse durante esta tarde de venres, o sábado 21 e o domingo 22

20 Sep 2024
Este venres, 20 de setembro, así como o sábado 21 e o domingo 22 celebraranse as grandes festas en Moscán, parroquia do Páramo, na honra á Virxe de Saleta.
Desta maneira, o venres 20 comezará a festa cunha gran churrascada comunitaria que estará amenizada por Dani Pardo.
Pola súa parte, o sábado 21 haberá sesión vermú e verbena, ambas coa compañía de Javi Show; mentres que o domingo 22 haberá misa solemne ás 13.30 horas, sesión vermú e sesión de tarde amenizada polo Dúo Son de Festa.