O cantautor arxentino afincado en Sarria, El Chico López, lanza un novo tema

SarriaXa
O seu sinxelo ‘Shoganai’ é unha canción con título xaponés que fai referencia ás cousas que escapan do noso control e que non se poden evitar
Gonzalo-López-cantautor-Sarria
El Chico López, imaxe cedida por Iván Mouronte
5 Ago 2024

Gonzalo López Brouchoud, o cantautor arxentino afincado en Sarria desde hai catro anos, estrena unha nova canción producida artísticamente xunto ao produtor paraguaio Marcelo Soler.

Máis coñecido polo seu nome artístico El Chico López, Gonzalo lanza o seu sinxelo ‘Shoganai’, unha canción con título xaponés que fai referencia ás cousas que escapan do noso control e que non se poden evitar. Unha canción á que se suman as guitarras de Borja López, Hernán Colantuono no baixo e Olalla Losada nos coros.

Musicalmente, a canción podería soar a unha canción pop, porén o son das guitarras eléctricas na peza evocan atmósferas máis psicodélicas.

Tanto a grabación como as composición foron realizadas por varios estudos de Galicia, Bos Aires e Asunción do Paraguai coa mestura y mastering de Martín Pomares e a canción é un adiando do disco no que está traballando.

O cantautor arxentino lanzara o seu último traballo ‘Voy a bajar’ en 2022, que presentou oficialmente no Esmorga Fest dese mesmo ano e formou parte do cartel do Facela Fest en Lugo en 2023, así como en varios recitais íntimos noutros espazos culturais de Galicia.

0.14131212234497