O cartel oficial do Festival Internacional de Maxia Vila de Sarria acolle toda a programación

SarriaXa
O XVIII Festival Internacional de Maxia Vila de Sarria que se celebrará en diferentes espazos da vila de Sarria durante os días 17, 18, 19 e 20 de agosto xa ten cartel oficial, no que aparecen os 20 artistas e profesionais da maxia que actuarán durante esta edición especial.
Festival maxia Sarria
5 Ago 2023

O XVIII Festival Internacional de Maxia Vila de Sarria que se celebrará en diferentes espazos da vila de Sarria durante os días 17, 18, 19 e 20 de agosto xa ten cartel oficial, no que aparecen os 20 artistas e profesionais da maxia que actuarán durante esta edición especial.

Así, o primeiro día deste evento, o xoves 17, o primeiro mago en actuar será Roberto Lolo, xa que como organizador da gala, debe presentala. Despois, sucederalle Edu el Mago e despois haberá un espectáculo de maxia infantil. Despois, será a quenda de Raúl Camaguey e logo terá lugar un espectáculo de maxia de balón. Xa ás 21.15 horas actuará Mago Joel de Cuba e ás 22.45 horas terá lugar a gran gala inaugural. Por último, xa de madrugada será o show de Jose Rivera, “El hipnotista”.

O venres, 18 de agosto, o día comezará coa actuación do Mago Pollo, logo haberá un espectáculo conxunto de Maxia Infantil e xa pola tarde Dani Daortiz dará unha conferencia para magos. Despois, volverá a maxia infantil da man do Mago Iago e Edu el Mago, a partir das 19.15 horas terá lugar a Maxia Familiar de Salón con varios magos e a gran gala de maxia  familiar en La Unión será unha hora máis tarde. Por último, ás 22.15 horas terá lugar, como o día anterior, a Gran Gala #Sarriaemaxia no Meigallo.

Pola súa parte, o sábado comezará o día coa actuación de varios magos na Praza de Santa Marina co show Maxia no Camiño. Xa pola tarde haberá un espectáculo para público infantil no Paseo do Malecón con Raúl Camguey e logo, na Casa da Cultura, será a quenda da maxia de preto. Xa á noite, terá lugar a primeira gala de maxia en Galicia accesible en lingua de signos española e, por último, ás 00.15 horas haberá maxia nocturna para adultos.

O último día, o domingo 20 de agosto, volverá a maxia no camiño pola mañá e, como é tradición en Galicia, haberá unha sesión vermú con maxia de preto nas terrazas do Malecón. Xa á tarde, terá lugar a Gala Infantil #Todopolasonrisasdunneno no Meigallo e o día rematará coa Gran Gala Final na Praza da vila presentada polo organizador Roberto Lolo e na que actuarán varios magos.

cartel festival internacional maxia
0.13159894943237