O cartomago Dani DaOrtiz estará no Festival Internacional de Maxia Vila de Sarria

SarriaXa
O cartomago Dani DaOrtiz estará no Festival Internacional de Maxia Vila de Sarria como último artista confirmado
dani daortiz
20 Jul 2023

Roberto Lolo, organizador do XVIII Festival Internacional de Maxia Vila de Sarria de agosto, anuncia que o último artista, o número 20, desta edición será Dani DaOrtiz, “o máis grande cartomago do mundo”.

A iniciativa, que terá lugar entre os días 17 e 20 de agosto, contará con este mago porque tiña que estar “si ou si” no aniversario da maioría de idade do festival porque “axudou a crecer o festival”.

Roberto Lolo defende que é de quen máis aprendeu de maxia e que é “un amigo, un maestro e un compañeiro que ten sempre os mellores consellos”.

En definitiva, Lolo agradeceu a cada un dos artistas que estiveron en Sarria nas 17 edicións anteriores, xa que “son parte fundamental do crecemento do evento” e sostivo que lle gustaría que estiveron moitos deles aquí, “pero non caben todos nunha edición” polo que lles agradece ter estado.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.15285396575928