O castiñeiro de Ramil de Triacastela forma parte da guía das especies destacadas do Camiño de Santiago

SarriaXa
El castaño de Ramil en Triacastela, que cuenta con más de 800 años, forma parte de la guía repartida por el Día del árbol en Correos.
castiñeiro ramil
27 Mar 2022

Co motivo do Día da árbore Correos realizou unha guía que conta coas especies máis destacadas que se poden atopar no Camiño de Santiago. Os peregrinos que usaron o servizo Paq Mochila para trasladar o seu equipaxe recibiron esta guía que mostra o lugar onde se atopa o exemplar.

A guía está formada por 16 especies e pódese obter de maneira gratuíta nas oficinas principais de Correos de Jaca, Burguete, Pamplona, Logroño, Burgos, León, Ponferrada, Sarria e Santiago de Compostela.

Esta guía enmárcase no proxecto “Camiño Sostible” que ten como obxectivo dar a coñecer o patrimonio artístico, humano e naturas das rutas xacobeas.

En total, pódense atopar 16 especies que están repartidas polo Camiño de Santiago. A guía recolle o carballo albar no bosque de Sorginaritzaga ou a carballeira das Bruxas en Navarra, o pino carrasco na saída da Rioxa, os bosques de haxas en Montes de Oca, Burgos, de serbal dos cazadores na Cruz de Fierro en León ou os alixos presentes en Galicia.

Ademais do castiñeiro de Ramil que leva presente no Camiño dende fai máis de 800 anos, a guía tamén recolle árbores singulares como o ciprés do convento da Anunciada en León que conta con 400 anos, o máis antigo de España.

Castiñeiro de Ramil
Trátase dun dos castiñeiros máis fermosos de Galicia, unha especie cunha forte presenza na Comunidade e que os estudos científicos confirman que se trata dunha variedade autóctona presente no territorio antes das últimas glaciacións. De feito, indicou que coa incorporación deste novo exemplar son xa 20 os castiñeiros que forman parte do Catálogo, a segunda especie máis representada no mesmo tan só por detrás dos carballos, que suman 27.

Con máis de oito séculos de vida, a Castiñeira de Ramil existía cando Aymeric Picaud, autor do Códice Calixtino, realizou o Camiño de Santiago, unha antigüidade que se ve reflectida nos seus 9 metros de perímetro, 22 de altura e nunha estrutura chea de ocos imposibles e grosas pólas, que parecen abrazar a árbore.

Esta impresionante morfoloxía semella unha radiografía do paso do tempo, á vez que desde a súa privilexiada localización en Ramil, o castiñeiro dálle a benvida aos camiñantes que chegan a diario a Triacastela na súa peregrinación cara a Santiago de Compostela.

0.039006948471069