O Castro de Viladonga e o Pedregal de Irimia foron os puntos de visita da excursión do alumnado de Triacastela e Samos

SarriaXa
O Castro de Viladonga e o Pedregal de Irimia foron os puntos de visita da excursión do alumnado de Triacastela e Samos
Excursion nenos triacastela
12 Maio 2023

Os nenos e nenas do do CEIP Eduardo Cela Vila de Triacastela e do CEIP de Samos desfrutaron dunha excursión conxunta viaxando ata Castro de Rei e a Meira.

Pola mañá, o escenario foi o Castro de Viladonga, onde desfrutaron dun Obradoiro de Cerámica, dun percorrido polo castro e dunha actividade interactiva para comprender e seguir descubrindo a vida dos castrexos.

Ao rematar, realizaron un xantar no máxico Pedregal de Irimia, dispoñendo despois dun tempo de ocio antes de realizar a última actividade: 'O Son da Natureza'.

Nesta, os nenos e nenas de ambos os colexios mestruráronse e dividíronse en seis grupos, respondendo a tres preguntas e descubrindo así as lendas do lugar e o nacemento do río Miño.

0.1820068359375