O CB Sarria anuncia tres adestradores estrela para o seu Campus de Nadal

SarriaXa
Os adestradores serán Patricia Cabrera, Moncho Fernández e Miguel Moreno; que se sumarán aos técnicos de primeiro nivel xa coñecidos
Adestradores-Campus-de-Nadal-CB-Sarria
12 Dec 2024

Desde o Club Baloncesto Sarria anuncian os tres adestradores estrelas que formarán parte do Campus de Nadal deste ano, que se celebrará os vindeiros 26, 27, 28 e 29 de decembro.

Os adestradores serán Patricia Cabrera, Moncho Fernández e Miguel Moreno; que se sumarán aos técnicos de primeiro nivel xa coñecidos: Carlos Maceiras, Miguel Ángel Hoyo, Miguel Moreno, Raquel Salgado e Ángela. "Cada un deles trae unha bagaxe única e moita paixón para ensinar e inspirar aos nosos xogadores máis novos", explican desde a entidade.

Durante catro días, rapaces de 7 (nados no 2017) e 17 anos (nados no 2007) poderán desfrutar do deporte do baloncesto de forma práctica, traballando habilidades específicas do baloncesto e participaremos en dinámicas que fomentan o compañeirismo e a diversión.

O Campus do Nadal do Club Baloncesto Sarria, ao que as persoas interesadas aínda poden apuntarse ata o día 20, está deseñado para mozos apaixonados do baloncesto, co obxectivo de mellorar a súa técnica, gozar do deporte e facer amigos nun ambiente festivo e acolledor.

0.14791798591614