O CB Sarria de Baloncesto reunirase a comezos de setembro para afrontar a nova tempada
O CB Sarria de Baloncesto celebrará o martes 6 de setembro na Casa da Cultura do concello, unha convocatoria de asemblea xeral ordinaria ás 20.30 horas en primeira convocatoria e ás 21.00 horas en segunda e última convocatoria.
Os puntos que se tratarán na orde do día serán: a memoria deportiva e o balance económico da tempada 2021-2022, a cesamento da dirección e elección de novo presidente e por último, o proxecto deportivo e o orzamento do que se disporá a tempada 2022-2023.
Cabe lembrar que o club vén de desfrutar dunha moi boa traxectoria este ano, non só pola participación dunha das súas alumnas nunha convocatoria da preselección española U14 (a sarriá Noa López), senón tamén polo nomeamento dun dos adestradores do club (Adrián López Armesto) coma Seleccionador Galego de Minibasquet Feminino.