O CB Sarria disputa a fase de ascenso en diferentes categorías

SarriaXa
O CB Sarria continúa a disputar encontros da fase de ascenso en diferentes categorías. Así pois, o cadete feminino gañou no día de onte.
cb sarria baloncesto
26 sep 2021

O CB Sarria continúa a disputar encontros da fase de ascenso en diferentes categorías. Desta maneira, tanto o equipo feminino coma o masculino da categoría cadete, así coma o equipo júnior masculino, están a xogar as súas respectivas fases de ascenso.

No caso do equipo cadete feminino, xogaron no día de onte o derradeiro partido da fase de grupos contra o CAB Pontevedra, no que conseguiron gañar e, desta maneira, quedar primeiras de grupo para pasar ao cruce definitivo polo ascenso á liga galega cadete feminina.

En canto ao equipo cadete masculino, disputa na tarde do día de hoxe un partido contra o Santo Domingo Betanzos no pavillón Novo Chanto de Sarria.

Finalmente, no caso do júnior masculino xogaron no día de onte o derradeiro partido da fase de ascenso á liga galega júnior masculina onde gañaron contra o Club Xuventude Baloncesto Cambados. Sen embargo, neste caso, o equipo júnior non continúa na loita polo ascenso.

cb sarria feminino cadete
cb sarria baloncesto junior
0.14136600494385