O CB Sarria feminino disputa a fase de ascenso a liga galega cadete
SarriaXa
O pavillón do Novo Chanto de Sarria volveu acoller un partido de baloncesto dezaseis meses despois coa fase de ascenso a liga galega feminina
12 Sep 2021
O pavillón do Novo Chanto de Sarria volveu acoller un partido de baloncesto dezaseis meses despois. Así pois, no día de onte comezou a fase de ascenso a liga cadete feminina na que o CB Sarria conseguiu unha vitoria ante o Salesianos Vigo A.
Desta maneira, o Novo Chanto acolleu o máximo número de espectadores posibles para gozar de novo dun partido de baloncesto no que o equipo local logrou unha vitoria importante.
Por outro lado, no día de hoxe continúan os encontros xa que se celebra a fase de ascenso a liga galega cadete masculina. O equipo sarriao desprazarase a Vedra, preto de Compostela para disputar tamén esta fase de ascenso que se iniciará co encontro ante o Oca Hotels Vedra Obradoiro.