O CB Sarria presenta a tempada 2024/2025 nun acto no pavillón do Chanto

SarriaXa
Na actualidade, o CB Sarria conta con 15 equipos federados, distribuídos en oito masculinos e sete femininos
Presentación-equipos-CB-Sarria
3 Feb 2025

O Club de Baloncesto Sarria organizou a presentación oficial da tempada 2024/2025 nun evento que tivo lugar no pavillón do Chanto. O acto reuniu xogadores, adestradores, familiares e representantes institucionais nunha xornada marcada pola pasión polo baloncesto e o compromiso coa canteira local.

Na actualidade, o CB Sarria conta con 15 equipos federados, distribuídos en oito masculinos e sete femininos, que compiten en primeira división, segunda autonómica e na liga provincial. Ademais, o club dispón doutros dez equipos de base, formados por aproximadamente 270 nenos e nenas de diferentes colexios da comarca. Durante o evento, estes pequenos deportistas protagonizaron un emotivo xesto ao formar a composición das letras 'CB Sarria' no pavillón.

O delegado territorial da Xunta, Javier Arias, destacou a longa traxectoria da entidade, que "leva décadas fomentando o deporte de base no concello de Sarria e na contorna". Tamén subliñou a importancia do apoio institucional aos clubs deportivos, lembrando que a Xunta colabora con distintas agrupacións da provincia a través de programas que facilitan a organización de actividades e a mellora das infraestruturas.

Con esta presentación, o CB Sarria inicia unha nova tempada con renovadas expectativas e o obxectivo de seguir medrando e consolidándose como unha referencia no baloncesto galego.

0.1579909324646