O CB Sarria presentou todos os equipos que forman parte da entidade nun acto multitudinario

SarriaXa
O CB Sarria presentou todos os equipos que forman parte da entidade nun acto multitudinario ao que acudiron moitos
CB SARRIA
19 Mar 2023

O pasado 11 de marzo o Club de Baloncesto de Sarria tivo a presentación oficial da tempada 22-23, á que acudiu moita xente, que gozou con dous partidos previos ao acto, que supuxo o broche final.

Así, neste acto final presentáronse catorce equipos en competición federada e dez na liga Babybasket. Tamén se presentaron catro equipos premini, dous femininos (Fisioterapia Ivonne Castro e Cemento Cosmos) e dous masculinos (Corbar Maquinaria e M. Teresa Martínez Dental).

Por outra parte, en categoría alevín, presentouse un equipo feminino, Autovalfer, e outro masculino, Oribio Construcións.

De preinfantil feminino estivo presente Casa Barbadelo e infantil masculino Cemento Cosmos.

En Cadete feminino, apareceu Saneamentos Sarria e en masculino Oral Design.

En categoría junior feminina, os equipos que acudiron foron Castro Agrasar e en masculino MGR.

Xa en sénior feminino, o CB Sarria conta coa Florería Madeira e no masculino a MGR.

Con respecto aos colexios, hai dez equipos que forman parte dos centros educativos Frei Luís de Granada, A Asunción, La Merced, do Oural, do Incio e Escola Infantil Xela Arias.

Como éxito, cabe destacar que dos catorce equipos federados, catro están en Liga Galega.

En total, 272 nenas e nenos que gozan do baloncesto e reforzan o traballo que realizan desde as categorías base de once adestradores e cinco monitores.

0.13608384132385