O CB Sarria recolle xoguetes e libros na súa campaña solidaria de Nadal

SarriaXa
El CB Sarria y el servicio de conciliación del ayuntamiento organizan una campaña de recogida de juguetes y libros por Navidad.
Campaña Solidaria CB Sarria 2020
9 Dec 2021

O CB Sarria organiza xunto ao servizo de conciliación do Concello dende hoxe, 9 de decembro, unha campaña solidaria de Nadal.

Esta campaña encárgase de recoller libros, contos, tebeos, películas, música, xoguetes que non se usen para destinalos aos nenos e nenas máis necesitados da contorna. Non se recollen alimentos.

As doazóns depositaranse detrás do mostrador do vestíbulo do pavillón. Estas deberán ir en caixas pechadas, bolsas ou outros envoltorios.

Esta campaña está dirixida aos xogadores, adestradores, familias, directivos e colaboradores do CB Sarria aínda que se aceptan doazóns de todas aquelas persoas que queiran participar.

A recollida durará ata os primeiros días de xaneiro do 2022.

0.08837890625