O CB Sarria retoma os adestramentos a vindeira semana

SarriaXa
O Club de Baloncesto de Sarria retoma a súa actividade o vindeiro luns 23 de agosto no novo Chanto da vila.
cb sarria baloncesto
20 Ago 2021

O Club de Baloncesto de Sarria retoma a súa actividade o vindeiro luns 23 de agosto. Desta maneira, comezan os adestramentos das diferentes categorías no novo Chanto de Sarria.

Dende o club sinalan que, vista a situación actual da vila e da comunidade, voltan á competición oficial que dará comezo en poucas semanas a causa das fases de ascenso a Liga Galega en algunhas categorías.

Volta, desta maneira, o baloncesto a Sarria nas diferentes categorías do club.

cb sarria baloncesto
0.075483083724976