O CEIP de Samos acollerá un obradoiro sobre educación dixital para familias

O CEIP de Samos acollerá o próximo 25 de marzo un obradoiro presencial centrado na educación dixital e na protección dos menores no ámbito tecnolóxico. A actividade terá lugar na biblioteca do centro a partir das 16:30 horas.
Esta iniciativa está dirixida especialmente ás familias do alumnado con idades comprendidas entre os 10 e os 18 anos e pretende ofrecer orientación práctica sobre o uso seguro e responsable da tecnoloxía por parte dos menores.
Durante o encontro abordaranse cuestións como os principais riscos dixitais aos que se enfrontan os mozos, a xestión do tempo diante das pantallas e as ferramentas e recursos dispoñibles para axudar ás familias a acompañar aos seus fillos no mundo dixital.
Ademais, tamén se tratarán estratexias para establecer límites saudables no uso dos dispositivos electrónicos, supervisar a actividade en internet sen invadir a privacidade dos menores e fomentar hábitos críticos e seguros ante a tecnoloxía.